Repsol é unha empresa española derivada da antiga CAMPSA (Compañía del Monopolio de Petróleos), á que se lle puxo o nome dun dos seus produtos a raíz da facilidade do seu pronunciamento.[1]
O seu nome deriva da marca de lubricantes comercializada por REPESA (Refinería de Petróleos de Vertedoiros), pola súa notoriedade e fácil pronuncia en diferentes idiomas e co obxectivo de transformarse nunha marca líder, de prestixio e recoñecemento mundial. En 1991, o Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH) ante a inminente desaparición do monopolio estatal de petróleos fixouse o obxectivo de crear unha empresa de capital mixto público - privado que explotase os activos petroleiros do Estado. Á hora de buscarlle nome realizouse unha enquisa a nivel de rúa e as dúas únicas palabras que a xente recoñeceu e asociou co mundo do petróleo foron CAMPSA (distintivo do antigo monopolio) e REPSOL. Obviamente, elixiuse esta última para dar nome á nova sociedade.
Cando en 1999 Repsol adquiriu practicamente a totalidade das accións da petroleiraestatalarxentinaYPF, a sociedade pasou a chamarse Repsol YPF, S.A. constituíndo unha empresamultinacional integrada de petróleo e gas natural, converténdose nunha das maiores petroleiras privadas do mundo, con operacións en máis de trinta países, e sendo a maior compañía privada enerxética en Hispanoamérica, en termo de activos.
Repsol opera en máis de 30 países e emprega a máis de 37 000 persoas de múltiples nacionalidades.
O grupo Repsol YPF opera principalmente nas áreas de:
En 2020 comeza a redución da importancia do petróleo na empresa, tendo reducido a menos da metade as exploracións de novos xacementos petrolíferos en relación a 2019, e a unha terceira parte en relación a 2008.[2]