PHANTOM
🇮🇳 IN
Saltar ao contido

.cl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 .cl
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
1995 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/046_tj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

.cl é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Chile creado en 1987[1]. É administrado por NIC Chile, organismo dependente da Universidade de Chile. O regulamento para o funcionamento do Rexistro de nomes de dominio .CL, vixente desde decembro de 2013, eliminou o requisito previo de identificación persoal ao momento de inscribir un nome. Excepcionalmente, NIC Chile resérvase a facultade de pedir información que comprobe a identidade do titular, cando sexa necesario.

A sintaxe dos dominios que poden ser inscritos en NIC Chile (como wikipedia.cl), encóntranse descrita nas Regras de Sintaxes vixentes.

O rexistro de dominio, tanto para persoas físicas como para empresas, foi gratuíto ata 1997. Actualmente, ten un valor de CL$ 9 950 con 19 % IVE incluído polo primeiro ano de cobertura da inscrición.

Ademais de nacións como Alemaña, Austria, Brasil e Polonia, Chile permite o registro de Nome de dominio internacionalizado (IDN), é dicir, con caracteres non-ASCII.

Chile é o primeiro país de lingua castelá en permitir o rexistro de dominios con vogais acentuadas (á é í ó ú), a letra U con diérese (ü) e a letra Ñ desde o 21 de setembro de 2005[2], como por exemplo www.ñandú.cl.

Baixo este dominio, a diferenza do resto de América Latina, non existe a obriga de someterse baixo un dominio de segundo nivel (SLD); calquera rexistrante pode obter un dominio de segundo nivel.

Desde abril do 2011 soporta DNSSEC, a zona está asinada e, polo tanto, calquera dominio que queira asinar os seus rexistros pode facelo[3].

O día 23 de marzo de 2016 acadouse a cifra de 500 mil dominios rexistrados e activos[4].

Soporte para IPv6

[editar | editar a fonte]

A partir do ano 2007, os nomes de dominio .CL poden informar DNS con rexistros IPv6 (AAAA)[5] e desde 2008 dispón de servidores de nome para .CL con soporte IPv6, desde a súa inclusión na raíz do DNS, en xaneiro de 2008. No informe de Hurricane Electric do 28 de maio de 2012, .cl aparece como dominio con soporte para IPv6 e con nameservers en IPv6 [6]. Para xuño de 2016, todos os seus servizos en liña son compatibles con IPv6.

NIC Chile ten realizado esforzos pioneiros para preparar a súa adopción planificada e exitosa das tecnoloxías IPv6. No ano 2005 obtivo o seu prefixo IPv6 (2001:1398::/32), activando conectividade IPv6 en forma experimental desde inicios de 2006. Desde mediados de 2008 contou con conectividad nativa IPv6 (dual stack) e participou en 2009 no primeiro banco de probas IPv6 de Google.

A organización fomentou e colaborou, con esforzos locais e rexionais, na sensibilización e capacitación sobre o protocolo numérico de nova xeración, participando en 2005 e 2007 nos seminarios "IPv6 Tour", organizados en Santiago de Chile xuntamente con LACNIC e a Subsecretaría de Telecomunicacións (Subtel). No ano 2011, o Laboratorio de Investigación Aplicada e Transferencia Tecnolóxica de NIC Chile, en conxunto con Subtel e co apoio da Corporación de Fomento da Produción, desenvolveron o proxecto "IPv6 para Chile"[7], orientado ao desenvolvemento dun roadmap para a posta en funcionamento de IPv6 nas principais redes de conectividade dixital de Chile, establecendo un plan que involucraba operadores, axencias gobernamentais e empresas interesadas en desenvolver o tema.[8]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Todas as referencias en castelán agás cando se indique o contrario.

  1. NIC Chile (19-11-2001). www.nic.cl, ed. "Carta enviada por el Sr. Rector de la Universidad de Chile al Sr. Contralor General de la República" (HTML). Consultado o 12-5-2011.
  2. NIC Chile (20-9-2005). www.nic.cl, ed. "NIC Chile anuncia modificación a la Reglamentación" (HTML). Consultado o 7-10-2015.
  3. NIC.cl (14-12-2011). "Extensiones de seguridad DNSSEC disponibles para todos los dominios .CL". Consultado o 7-10-2015.
  4. "Contador de dominios .CL - NIC Chile". www.nic.cl. Arquivado dende o orixinal o 31-03-2016. Consultado o 24-3-2016.
  5. "Agotamiento de direcciones IPv4 a nivel central - NIC Chile". www.nic.cl. Consultado o 9-6-2016.
  6. Hurricane Electric (actualizada diariamente). "Global IPv6 Deployment Progress Report" (en inglés). Consultado o 29-5-2012.
  7. "IP version 6 para Chile: desarrollo de roadmap para la implementación del protocolo de internet versión 6 (IPV6) para Chile e instalación del primer punto de intercambio de tráfico (PIT) y laboratorio de experimentación IPV6". corfo.cl. Arquivado dende o orixinal o 25-09-2019. Consultado o 9-6-2016.
  8. IPv6.cl. "IPv6 en los gobiernos". Arquivado dende o orixinal o 22-06-2012. Consultado o 29-5-2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]